Unha curta de sabor auténtico
FURANCHO, BOTA VIÑO! é unha curtametraxe en lingua galega que nace con vocación de seguir medrando, ata onde nos leve
— SINOPSE
Un furancho tradicional das Rías Baixas está a piques de abrir as súas portas. Mayka decide poñerse á fronte da pequena adega familiar, tras deixar o seu posto executivo nunha importante empresa de Marín.
Pero non será tan fácil como aparenta: Silda, a matriarca, sufriu un accidente doméstico; a cociñeira non aparece e a súa filla adolescente so pensa en tocar o clarinete.
Os primeros clientes cóanse cunha televisión para ver un partido de fútbol e a chegada dunha parella da Guardia Civil está a piques de facerlle perder os papeis.
Para colmo de males, no último momento aparece o influencer da Furanchoesfera.
Que tedes de especial neste furancho?

ELENA GALLEGO ABAD escribe e produce esta comedia familiar, que nos permitirá espallar os valores furancheiros polo mundo, mentres MAYKA BRAÑA se encarga do CÁSTING e ponse á fronte da DIRECCIÓN de actores .
Rodada nun auténtico furancho das Rías Baixas (FURANCHO LOIS en Marín, Pontevedra), contamos coa complicidade de grandes talentos da escena galega:
Por orde de aparición na curta, xunto a MAYKA actúan SILDA ALFARO, ALEJANDRA ARCOS, TETÉ DELGADO, ANXO CARBAJAL, NANO RIVAS, ALFONSO AGRA, ALBA RECONDO, JOSITO PORTO, CARLOS BLANCO, PACO PERNAS e o gaiteiro FELIPE REA.
Con tanto TALENTO en estado puro, imaxinas a que puidemos montar?
Temos unha GRAN COMEDIA asegurada!
Lugar da rodaxe: Furancho LOIS (Marín, Pontevedra)



Características do proxecto audiovisual
Título:
FURANCHO Bota viño!
Idioma: Galego. Subtítulos en galego, castelán, inglés e francés.
Guión: Elena Gallego Abad.
Directora: Mayka Braña Alonso.
Axudante de dirección: Elena Gallego Abad.
Produción executiva:
Elena Gallego Abad.
Realizador: Diego Muñoz Barcia.
Director de fotografía:
Diego Santaclara Ferradás.
Operadores de cámara:Javier
Costela Vázquez e Brais Romero Martín.
Sonidistas: Álvaro
Morais Martínez e Joseph Sinbad Barr.
Script/Arte: Nazareth
Pastoriza Simes.
Perruquería e Maquillaxe:
Carla Fernández Pérez e Sheyla de la Osa Moreno.
Localizacións: Furancho
LOIS (Marín).
Equipo técnico: Trece
Amarillo Filmes SL.
Música: Felipe Rea
(adaptación e arranxos música tradicional).
Datas de Rodaxe: 27 e 28/05/2025.
Duración: 19:59 minutos.
Nacionalidade: Española.
Distribución: Cityblue Films. 300
festivais (incluídos 40
tipo A).
A RODAXE DE FURANCHO, EN IMAXES:
Para visitar Galicia e non perder a parte máis autóctona e «enxebre» tes que, sen dúbida, pasar polos furanchos galegos

Selección en festivais

Idea, guion e produción executiva
Actriz, casting, dirección de actores
— Elena Gallego Abad
Produtora audiovisual e guionista. Cociñeira de crimes, guións e empanadas. Xornalista en tempos de crisis e domadora de dragóns en mundos literarios. Representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia -CPXG en Pontevedra.
Autora da pentaloxía literaria de ficción fantástica DRAGAL (Xerais/Anaya/Pagès Editors/Small Stations Press), a novela histórica "O legado da nena do sal" (La Esfera de los Libros/Xerais), a romántica "O xogo de Babel" (Xerais), as policiacas "Sete Caveiras" (Xerais) e "Ata que a morte nos separe" (Xerais), e o libro infantil "O libro de Borboligón" (Xerais).
— Mayka Braña
Despois dunha vida dedicada á interpretación, máis de dúas décadas dando vida a grandes personaxes en series que forman parte da Historia da Televisión de Galicia (Saudade de ti, Pazo de Familia, Libro de Familia, Mareas Vivas...) , longametraxes (Vilamor, Trece badaladas...) videoseries e curtametraxes, Mayka Braña está preparada para dar o salto "ao outro lado", protagonizar esta ficción e dirixir os actores que nos acompañan na aventura. Un proxecto furancheiro con vocación de medrar... Ata onde nos leve!

CO PATROCINIO DE

Unha produción de
elenagabad@borboligon.es









