Unha curta de sabor auténtico
FURANCHO, BOTA VIÑO! é un proxecto de curtametraxe en lingua galega que nace con vocación de seguir medrando (ata onde nos leven o maxín e os recursos económicos).
A idea e o reto de crear esta COMEDIA FAMILIAR nun AUTÉNTICO FURANCHO de GALICIA xurde nunha VIAXE que ELENA GALLEGO ABAD e MAYKA BRAÑA fixemos entre Marín e Vigo unha tarde do pasado inverno.
Imaxinade a escena: Unha recoñecida ESCRITORA e unha prestixiosa ACTRIZ galegas cruzan a PONTE DE RANDE entre refachos de nordés, falando sobre GUIÓN e SERIES de televisión.
"Por que non facemos algo xuntas?", concluímos.
Así, pasou o que tiña que pasar.
— SINOPSE
MAYKA, executiva dunha consignataria de buques do porto de Marín, reabre o furancho familiar tras deixar o seu emprego, indignada porque o seu xefe, CARLOS, contratou ao sobriño da súa dona para o posto de adxunto á dirección ao que ela aspira, por ser parente, máis novo e guapo, e ter más seguidores en Instagram.
Pero facerse cargo da pequena adega familiar non será tan doado como aparenta. Chega o día da inauguración e CASILDA, a matriarca, non deixa de amolar co seu afán pola limpeza. A súa tía cociñeira non aparece, a filla adolescente senta nun recuncho a ensaiar co clarinete, os primeiros clientes cóanse antes da hora de apertura cunha televisión para ver un partido de fútbol, unha parella da garda civil (o CABO ORTEGAL e a súa sobriña en prácticas FERRO) está a piques de facerlle perder os papeis...
Cando o desastre semella irreversible, aparece pola porta o seu irmán NANO, que acaba de perder o seu emprego na capital. Pero o cociñeiro estrela non parece disposto a regresar ao posto de pinche e poñerse a mondar patacas para facer unhas simples tortillas.
Na súa nova vida furancheira, Mayka vivirá tolas peripecias.

MAYKA BRAÑA ponse á fronte da DIRECCIÓN desta comedia familiar, con guión de ELENA GALLEGO ABAD, que nos permitirá espallar os valores furancheiros polo mundo.
Rodaremos nun auténtico furancho das Rías Baixas (FURANCHO LOIS en Marín, Pontevedra), coa complicidade de grandes talentos da escena galega:
Por orde de aparición na curta, xunto a Mayka Braña veremos a CASILDA ALFARO, a nena ALEJANDRA ARCOS, a TETÉ DELGADO, a ANXO CARBAJAL, a NANO RIVAS, a ALFONSO AGRA, a PEPO SUEVOS, a CARLOS BLANCO, a PACO PERNAS.
Con tanto TALENTO en estado puro, imaxinas a que se pode montar?
Temos unha GRAN COMEDIA asegurada!

Características do proxecto audiovisual
Título provisional:
FURANCHO Bota viño!
Idioma: Galego. Subtítulos en castelán e inglés.
Guión: Elena Gallego Abad.
Directora: Mayka Braña Alonso.
Produción executiva:
Elena Gallego Abad.
Produción asociada: Mayka Braña.
Localizacións: Furancho
LOIS (Marín).
Equipo técnico: Trece
Amarillo Filmes SL.
Música: Felipe Rea
(adaptación e arranxos música tradicional).
Data estimada de inicio
de Rodaxe: 25/05/2025.
Data estimada de remate
de Pos produción: 31/10/2025.
Duración aproximada: 20 a 25 minutos.
Nacionalidade: Española.
Distribución: Cityblue Films. 300
festivais (incluídos 40
tipo A).
Lugar da rodaxe: Furancho LOIS (Marín, Pontevedra)


Espazo reservado para patrocinadores
Para visitar Galicia e non perder a parte máis autóctona e «enxebre» tes que, sen dúbida, pasar polos furanchos galegos
— Mayka Braña
Despois dunha vida dedicada á interpretación, máis de dúas décadas dando vida a grandes personaxes en series que forman parte da Historia da Televisión de Galicia (Saudade de ti, Pazo de Familia, Libro de Familia, Mareas Vivas...) , longametraxes (Vilamor, Trece badaladas...) videoseries e curtametraxes, Mayka Braña está preparada para dar o salto "ao outro lado" e dirixira súa primeira curtametraxe.
Un proxecto furancheiro con vocación de medrar... Ata onde nos leve!
— Elena Gallego Abad
Xornalista en tempos de crisis e domadora de dragóns en mundos literarios. Cociñeira de crimes, guións e empanadas.
Representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia -CPXG en Pontevedra, escritora e guionista galega.
Autora da pentaloxía fantástica DRAGAL (Xerais/Anaya/Pagès Editors/Small Stations Press), "O legado da nena do sal" (La Esfera/Xerais), "O xogo de Babel" (Xerais), "Sete Caveiras" (Xerais) e "Ata que a morte nos separe" (Xerais).
Crowdfunding en Verkami
Hai momentos na vida nos que sabes que tes que APOSTAR a TODO o NADA.
Nós estamos moi ilusionadas con sacar adiante este proxecto de
curtametraxe. E ti, queres axudarnos?
Anímate a colaborar e entra a formar parte da nosa FAMILIA FURANCHEIRA. Calquera contribución, por pequena que
sexa, suma.
O DIÑEIRO recadado neste crowdfunding DESTINARASE a cubrir
diferentes NECESIDADES da PRODUCIÓN do filme, como a contratación de PERSOAL TÉCNICO e alugueiro
de MATERIAL, gastos de PROMOCIÓN e DISTRIBUCIÓN a cargo
de CITYBLUE FILMS (300 FESTIVAIS de CURTAMETRAXES de TODO O MUNDO,
incluidos 40 tipo A).
Descubre e comparte a nosa campaña https://vkm.is/furancho